A páxina da Real Academia Galega dedicada ao autor. O texto é de Beatriz García Turnes, amosa algúns datos biográficos e fala da súa vida política e cultural.Cita os seus libros e publicacións.Contén fotos e imaxes.
A editorial que fundou recolle nesta páxina as súas publicacións cun breve resumo.
Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega podemos acceder a varias gravacións con intervencións de Piñeiro en conferencias,entrevistas,discursos e programas radiofónicos.Resulta interesante a do debate no Parlamento Galego co gallo da aprobación Lei de Normalización Lingüística no ano 83.
Contén unha clara biografía do autor.
Publica a noticia da elección do escritor como homenaxeado nas LG 2009,e explica de xeito breve os seus méritos.
O Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede diversos materiais,entre eles os cadernos do mesmo nome, algúns dedicados ao autor.
O segundo dos cadernos Ramón Piñeiro ofrece unha completa cronobiografía,non só da súa vida ,senón tamén das obras e iniciativas culturais.Explica os seus encontros e desencontros cos movementos galeguistas e nacionalistas.Tamén reúne unha serie de cartas a Pimentel,Casares,Dieste,Carlos Zubillaga e Pilar Vázquez nas que adivinamos o perfil político,filosófico e persoal de Piñeiro.
No caderno III atopamos unha completa bibliografía e hemerografía, e no caderno V podemos ler parte da súa correspondencia con Carballo Calero,gran amigo seu.Os cinco primeiros números poden atoparse tamén na BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES, na sección LETRAS GALEGAS.
MATERIAIS DIDÁCTICOS
Un vídeo sobre a vida do homenaxeado narrado por un rapaz de primaria.Contén imaxes dos lugares onde vivíu e entrevistas entre outros a Fernández del Riego,Barreiro Rivas, a irmá de Piñeiro e Isaac Díaz Pardo.
É a páxina do Seminario Permanente que cada ano ven elaborando
materiais educativos sobre os homenaxeados.Inclúe documentos para
descargar,actividades en liña para todos os ciclos de ensino
primario e actividades sobre a propia celebración da Letras Galegas.Activa a partir de maio.
WEBQUEST DE OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ
A bibliotecaria do Ceip Milladoiro de Malpica propónnos este traballo colaborativo.Permite aos rapaces e rapazas facer unha liña do tempo sobre os datos biográficos do autor .Entre os materiais que facilita está o video de Contidos Educativos sobre Piñeiro.
Desde o Ceip Mestres Goldar,Julia González G. amosanos esta liña do tempo cos datos máis significativos da vida do autor.



