CEIP QUINTELA-MOAÑA

 

Esta actividade fixemola no colexio ao longo do curso 2005-2006 como parte dun proxecto de Educación emocional.

Adquirimos un número importante de contos que traballaban as emocións.Os profesores e profesoras os leian nas aulas, e falaban sobre eles.Algunhas das emocións traballadas eran:

A asertividade, as habilidades sociais, as resolucións de conflictos,a autoestima...

Estes son unha pequena mostra dos diarios desas sesións :

 

INFANTIL E PRIMEIRO CICLO.

 

ACTIVIDADE : Lectura do conto : ¿ Onde está Alba?.Gallego-Ranucci. S.M.

 

RESUMO: Clara ten unha irmá pequena que se chama Alba .Ten moitos ciúmes dela e unha noite pide un desexo : que Alba desapareza . O malo é que ao día seguinte Alba non está na súa cuna.

 

DIARIO DA SESIÓN: Lemos o conto e imos comentando  as  distintas emocións que vai manifestando Clara : a súa ledicia cando chega a súa irmá , o seu enfado cando a súa nai só a atende a ela ,a súa furia cando desexa que desapareza , e a  súa tristeza cando Alba non está.

Cando falamos dos irmás pequenos case todos querían contar as súas experiencias ,abrindo un gran coloquio sobre todas as “falcatruadas “  que lles facían.

Falamos tamén  cos que tiñan irmáns maiores e pedímoslles que nos contaran  como se portaban con eles. Ao remate todos  opinaban que cos irmáns pasábano moi ben aínda que tiveran que compartir  as cousas

 

 

ACTIVIDADE: Lectura do conto : “ Olivia non sabe perder” Elvira Lindo.S.M.

 

RESUMO: Olivia é unha nena a que lle gusta moito gañar cando xoga a oca. A súa nai e os seus avós idean unha estrategia para que entenda que,ás veces,hai que saber perder.

 

DIARIO DA SESIÓN: Un dos primeiros xogos de mesa que coñecen os nenos é o da oca polo que esgte conto motiva moito a atención.

Teñen moita dificultade para aceptar as normas, ás veces , escoitamos a frase : “ pois na miña casa non facemos así “ que sirve como excusa para romper o xogo.

Despois da lectura do conto comentamos os estados de ánimo de Olivia e falamos de cómo se sentían eles cando gañaban ou perdían.

Comentamos a frase de Olivia : “as veces é mellor perder que aburrirse como unha ostra” facéndolles ver as ventaxas que ten xogar cos amigos,divertirse,perder ás veces e gañar outras.

 

 

 

ACTIVIDADE:

 Lectura do conto “ Todo esto é só meu” Antón-Nuñez.S.M

 

RESUMO DO CONTO: Ruperto é un xigante egoísta que non deixa nada. Pouco  a pouco ve como perde todas as súas cousas  por non compartir.

 

DIARIO DA SESIÓN: Lectura do conto na clase.Comentamos entre todos o pouco xeneroso que foi o xigante coa  Abella , o merlo, a ra e o esquiolSeguimos falando como o xigante cambiando de actitude disfruta das cousas e da compaña de todos os animais.

E importante que os nenos valoren positivamente a xenerosidade cos amigos , cos irmáns , coa sús familia , etc , e que desenrolen actitudes solidarias..

 

ACTIVIDADE :Lectura do conto “Ariel, o león presumido”. Elvira Menéndez. S.M.

 

RESUMO DO CONTO:  Ariel é un pequeno león presumido e caprichoso.Un día Gugú,un gorila moi feo,salva a Ariel e aos seus amigos dunha situación perigosa.

 

DIARIO DA SESIÓN: Este conto resultoulles moi atrainte xa que as personaxes son animais.Identificáronse con Bubú cando alguén lles di cousas desagradables ( ti non xogas,ti es moi fea,etc).

 Seguindo o conto vimos como Bubú que era tan “feo” atopa unha solución  para que Ariel atravese o río e consiga chegar a súa casa.

Ao remate todos queren ser como Bubú .

 O conto serviunos tamén para reflexionar sobre  o ben que se resolven as cousas coa axuda de todos.

 

SEGUNDO CICLO

 

 

ACTIVIDADE:

Lectura do conto “Ana está furiosa”Christine Nöstlinger. El barco de Vapor. Editorial Sm

Duración:30 minutos.

RESUMO DO CONTO: Ana e unha nena cun gran problema: enfadase por todo. Calquera cousa a pon furiosa.Aínda que toxos tentan axudala, ela non acepta. Quere cambiar pero non o consigue. O seu avó mercoulle un tambor. Cando está enfadada o toca, e o enfado se lle pasa. Así logra vencer o seu  problema.

 

DIARIO DA SESIÓN:

Léolles en voz alta o conto. O pouco de comezar decátome de que as súas simpatías son para as víctimas de Ana.

Paro de ler,e pídolles que intenten sentirse como Ana, que comprendan o seu problema.

Cando remato o conto xa teño varias mans levantadas .

            - NENA 1. cóntanos que as veces ten ataques de rabia contra o pai ou a nai. Preguntámoslle que fai cando lle pasa iso. Di que encerrarse na súa habitación e pór música,  é o que  a calma.

-NENO 1 di que ten moitos ataques de furia e que cando iso pasa , pega.  Os compañeiros asenten coa cabeza. Dígolle que cando era pequeno tiña moitas mais rabietas. Os compañeiros danme a razón e L. móstrase compracido .Entón pregúntolles que solución podemos atopar. Entre todos deciden que ten que buscar algo que lle guste moito e pensar niso cando lle dea a rabia.

-NENO 2. di que ten un problema moi grande: conta que sempre está enfadado cos seus pais, que o poñen furioso. Preguntámoslle por qué ,e explica que o castigan moito e con moitos castigos o mesmo tempo.Que por iso sempre está castigado. Dí que as cousas que fai non son tan malas, que el non é malo .Deduzo que ten uns pais moi estrictos. Os demais non atopan solución . Suxírolle que fale con eles un día que non estea castigado e lle diga o que pensa. Asinte, pero doume conta que non o vai facer, tal vez o castiguen...

-NENO 3. conta que as veces, nos xogos ,cando perde ponse furioso e danlle ganas de chorar. Os compañeiros dinlle que perder non importa. Eu pídolle que cando perda pense nas xogadas nas que se divertiu, que conte os xogos pola diversión e non polo resultado.

 

 

ACTIVIDADE:

Lectura do conto “El dragón de Jano”. Irina Korschunow. El barco de Vapor. Editorial Sm

Duración: Dúas sesións de 30 minutos.

RESUMO DO CONTO: No colexio, os compañeiros de Jano burlanse de él porque é gordo. Eso o angustia tanto que nada lle sae ben, nin nos estudiosn, nin nos xogos.A volta do colexio, sentase nun banco e empeza a debuxar na area. O debuxo convírtese nun pequeño dragón. O dragón e Jano fanse amigos e aprenderán a vencer os seus complexos.

 

Emocións: A autoestima. O grado de aceptación e o concepto que cada un ten de sí mesmo. Quererse a sí mesmo para adquirir seguridade e  confianza.

 

DIARIO DA SESIÓN:

Léolles en voz alta o conto .Como é moi longo ,adicamoslle dúas sesións.A medida que o conto avanza, a atención é absoluta.Noto como se van implicando emocionalmente co protagonista. O rematar a segunda sesión falamos do conto.Todos entenderon que o dragón estaba na imaxinación de Jano.

Pregúntolles porque creen que a vida social de Jano mellorou,porque o aprecian mais os demais. Eles din ::Porque adelgazou un pouco, porque aprendeu a ler millor, porque aprendeu a escribir, porque xa sabe facer volteretas...

 

Insisto:¿Cómo conseguiu todo eso?.Eles me din que esforzándose. Fágolles notar que mellorar está na man deles mesmos,que hai que esforzarse para superara as dificultades, ter iniciativa.

Pidenme que llo volva contar.

 

 

ACTIVIDADE:

Lectura do conto “Jenny y el inventor de problemas”. Hiawyn Oram  e Tony Ross. La nube de algodón. Editorial Timun Mas

Duración: 30 minutos.

 

RESUMO DO CONTO:Jenny cree que os seus problemas son os peores do mundo ata que coñece o Invertor de Problemas .Esto e uns sacos esparcidos pola fraga faranlle superar esta situación.

 

DIARIO DA SESIÓN:Léolles o conto.  Falamos de cómo Jenny se cree a  nena mais desgraciada do mundo polas pecas,pero cando intenta cambiar o seu saco de problemas polo de outra persoa descobre que o seu saco é o mais pequeño e cos problemas menos importantes.

 

Pídolles que cada un escolla un problema do seu propio saco.Van dicindo os problemas que van sacando: Correr pouco, estar un pouco gordo, ter medo de noite, ter un irmán mayor moi protestón, ter un irmán pequeno moi metedizo...Falan entre eles e se dan solucións.Os que teñen irmáns intercambian experiencias. Entre todos vemos que non son problemas tan importantes, incluso bromean con eles.

 

ACTIVIDADE:

 Lectura do conto”Si tienes un papá mago”.Gabriela Keselman. El barco de Vapor. Editorial S. M

Duración: 20 minutos.

RESUMO DO CONTO: Chiqui ten un pai mago e todas as mañás dille unhas palabras máxicas que lle fan estar contento todo o di. Os seus amigos están moi intrigados co segredo de Chiqui. Ata que unha mañá o espían e descobren que as palabras máxicas son “Chiqui, que teñas un día feliz”.

 

Emocións :asertividade e escoita. Asertividade é a habilidade para expresar o que queremos, sentimos e pensamos sen ferir osa sentimentos da  outra persoa..

Escoita é prestar atención o que se oe.Supón tamén certa concentración. Escoitar é unha reacción emocional que nos permite entender mellor o mundo e os demais.

 

DIARIO DA SESIÓN: Léolles o conto en voz alta. Eles tamén están intrigados polas palabras que fan a Chiqui un neno tan tranquilo, que atopa as palabras apropiadas para cada amigo,creando un ambiente agradable o seu arredor.

Cando descobren as palabras, pídenme que lles lea de novo o libro para ver como en cada situación difícil toca as palabras e actúa conforme a elas.

Falamos da necesidade de buscar solucións os pequenos problemas do día,con tranquilidade,sen dramatismos e con respecto os nosos amigos,preocupándonos deles de verdade.

Decidimos que eles van a meter no peto as palabras do papá mago”Que teñas un día feliz”e tocalas cada vez que teñan necesidade.

 

TERCEIRO CICLO

 

ACTIVIDADE:

Lectura do libro: “Virgilio o el genio moderno”. 

Obxectivos:      - Entender o concepto de asertividade.

-          Recoñecer esta habilidade social en

Diferentes situacións do día a día.

-          Exercitala en nós.

 

DIARIO DA SESIÓN:

   Fixemos unha lectura conxunta do libro e posteriormente reflexionamos sobre a vida tan ajetreada do protagonista. Intentamos identificarnos con él e imaginar cómo nos sentiríamos cunha vida na que eres constantemente manipulado e non tes poder de elección.

   Xogamos a ser diferentes personaxes do libro. Aos nenos que lles foi tocando ser o protagonista reaccionaron según sentían eles e non como se describía no libro.

   Finalmente fixeron un resumo do libro e despois unha reflexión por escrito sobre él.

 

 Ceip Quintela Moaña