PROFESORADO

 

O CEIP de Quintela é  un centro con 6 unidades de Primaria e 2 ou 3 de Infantil (éstas varían segundo a matrícula).

O colexio ten 14 profesores e profesoras fixos e dous mais a tempo parcial.As especialidades que posúen son :Inglés,Música,Educación Física,Audición e linguaxe,Educación Especial,Relixión católica,Francés,Primaria e Educación Infantil.

 

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPACIOS E HORARIOS.

 

No edificio central están as aulas de Primaria, Música e audiovisuais, Biblioteca, Comedor escolar,Informática,Inglés,,Usos múltiples,Orientación, aula de apoio, Secretaría, Dirección e Sá de profesores/as.

Diante do edificio central está o pavillón escolar,e no extremo mais recollido do recinto escolar está o edificio de Educación Infantil,con patio propio.

Dende 1º de Educación Infantil as nenas e nenos reciben clases de Educación Física, Inglés,Informática, Audición e Linguaxe e Animación a lectura.

Os alumnos e alumnas de Primaria reciben ademais clases de Música e de apoio para as necesidades educativas especiais,sexan de reforzo educativo ou de ampliación do currículo, segundo o caso.

 

ACTIVIDADES

 

No centro mantemos algunhas actividades propias e comúns a todos os cursos,como son as clases de Informática e de Animación a lectura,que contan con un horario propio.Tamén traballamos o horto escolar,no que cada curso ten parcela propia,onde plantamos na primavera e recollemos cando remata o curso.Estamos tamén involucrados no proxecto Voz Natura,e cada curso presentamos un proxecto diferente,no que todas as nenas e nenos traballan.

 

IDEARIO

 

O profesorado do centro comparte a convicción de que a escola debe moverse sobre catro eixos: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a ser, e aprender a convivir.Parecenos que as dúas primeiras son obvias e creemos que onde está o reto e nas dúas últimas.

Para elo traballamos en dous frentes:por un lado está a relación coas familias e por outro a propia formación do profesorado.

No primeiro caso somos concientes de que as características do centro facilitan esa relación,xa que o feito de non ter transporte escolar fai que o contacto das familias cos profesores sexa continuada,pois o levalos e recollelos a diario permite unha relación moi directa con todos os profes e coas outras familias.

En canto as labores de formación do profesorado,e un aspecto que coidamos moito,pois non só asistimos a cursos específicos segundo a especialidade que impartimos.Tamén organizamos proxectos de formación nos que participa todo o claustro.

 

 

DATOS XERAIS

 

Dirección:

Quintela nº 72 Moaña-Pontevedra 36950

 

Correo colexio:

ceip.quintela@edu.xunta.es

 

Correo páxina web:

ceipquintela@gmail.com

 

Teléfono:

986311268

 

Fax:

986311268